Dende Colombia Rajoy pídelles aos españois un "pequeno esforzo" porque "non hai cartos para pagar os servizos públicos"
Fálase
O prezo da gasolina alcanza un record histórico. O importe medio da gasolina 95 marcou unha media de 1,5 nas estacións de servizo, un 10,7% máis que nas mismas datas de 2011, segundo datos do boletín petroleiro da UE.
Os universitarios deberán pagar do 15 ao 25% do custo da súa ensinanza, ata un 50% máis que agora. Esa é a proposta que o ministro de Educación propón ás comunidades autónomas, segundo adianta Europa Press.
O peche de fronteiras durante o cumio do BCE en Barcelona foi solicitado pola Generalitat ao Goberno central a través dunha carta do conseller de Interior, Felip Puig. Revélao a Cadena SER.
A Federación de Sindicatos de Xornalistas recolle as informacións que, nos últimos días, falan da posibilidade de que o Goberno central modifique a lei para poder designar un novo presidente de RTVE sen ter que consensualo con ningún outro partido. Ese proceso podería comezar no Consello de Ministros deste venres.
O Ibex cae un 2,4% e perde os 7.000 puntos por primeira vez desde marzo de 2009. Tampouco se rebaixa a prima de risco, nos 422 puntos, mentres que a rendabilidade do bono español roza o 6%.
#19Aestudantespologalego A Mesa cifra nun 80% a participación na folga estudantil "contra os ataques ao galego". Destacan o paro como un “xesto de responsabilidade” do alumnado c e pídenlle ao presidente da Xunta que “escoite a contudente mensaxe” que hoxe lle enviaron “ducias de aulas baleiras”
Rajoy revela, nunha conversa informal con xornalistas, que haberá máis recortes antes do verán.
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, reitera no Parlamento que os "non nacidos" contarán como membros da unidade familiar nas axudas da Xunta. Faise en virtude da lei aprobada no Parlamento a instancias da Red Madre do Foro Español de la Familia.
Presentada a redacción de Sermos Galiza, o semanario impreso e xornal dixital, que nacerá en breve: Xesús Manuel Piñeiro, Rodri Suárez, Beti Vázquez, Carme Vidal e Antón Fernández Escuredo