A UE aproba o Brexit. Os socios comunitarios dan o seu visto e prace ao acordo de desconexión e á declaración política sobre a saída do Reino Unido e a relación futura con el.
Fálase
O Concello de Guitiriz celebrou este sábado o nomeamento de Alfonso Blanco Torrado como fillo adoptivo do municipio. O crego é o impulsor da Asociación Xermolos, da Irmandade Manuel María, do Festival de Pardiñas e de numerosas actividades culturais e sociais na Terra Chá. O evento inzou de veciñanza e amizades a igrexa nova de Guitiriz, tal e como amosa este vídeo divulgado por Xermolos. Na imaxe, Alfonso Blanco nun Festival de Pardiñas.
Continúan os paros de persoal da CRTVG no marco da folga que están a desenvolver. O primeiro desta mañá tivo "un 70% de seguimento computando todos os centros de traballo", afirma o comité de folga, que agrega que "o plantel de fin de semana é tan raquítico que resulta ben doado de contar".
Sánchez anuncia que España ergue o veto ao acordo do Brexit que a UE prevé ratificar mañá tras obter garantías dabondo sobre Xibraltar
Ana Pontón viaxa a Uruguai e Arxentina do 26 de novembro ao 2 de decembro para "reforzar os lazos coa colectividade galega e as forzas da esquerda". A axenda da viaxe da líder do BNG inclúe xuntanzas co presidente uruguaio, Tabaré Vázquez e o seu antecesor, José Mujica, así como encontros con movementos feministas arxentinos e coa directiva do Centro Galego de Bos Aires.
Pablo Iglesias convoca primarias en Podemos ante a posibilidade dun adianto electoral inminente a nivel estatal. Os inscritos do partido elixirán as listas para o Congreso e o Senado antes das vacacións de Nadal.
O xulgado arquiva provisionalmente o caso Zeta para que non sigan correndo os prazos da instrución mentres non recibe un informe de Intervención do Estado. O caso, que involucrou un amigo de Feijóo xa desimputado, investiga desde hai catro anos unha trama arredor do empresario coruñés Gerardo Crespo para obter fondos públicos.
A Fiscalía ratifica a súa petición de 66 anos de cadea para o líder dos miguelianos na última sesión do xuízo contra o grupo que a Igrexa apoiou durante anos antes de consideralo seita.
Motor e acelerador dunha desbrozadora, depósito de combustible dunha minimoto, dirección de bicicleta e chasis caseiro. Así era o vehículo no que circulaba un veciño de Lugo detido pola Garda Civil na estrada da Fonsagrada.
Feijóo di que estudará regular o uso da saia nos colexios con uniforme só se detecta que os centros non cumpren a “recomendación” do Parlamento. A Cámara galega aprobou por unanimidade unha proposta non vinculante de En Marea para prohibir a imposición da saia ás nenas.