A Plataforma de Vítimas Alvia 04155 logra o financiamento que procuraba para editar un documental e un libro sobre o accidente de Angrois e as responsabilidades que del se derivan.
Fálase
GCiencia entrevista o investigador Iago Santos Castroviejo, que vén de publicar coa Universidade de Vigo o libro Élites del poder económico en España, no que destaca que “Media ducia de equipos directivos controlan o poder económico en España”
O satírico El mundo today denuncia que Facebook eliminou a ligazón ao artigo co que a publicación respondeu ao atentado contra Charlie Hebdo baixo o título Alá es la polla
Diversos xornais de todo o mundo levan este xoves ás súas primeiras páxinas a solidariedade coas vítimas de 'Charlie Hebdo' e a defensa da liberdade de expresión
Meteogalicia activa unha alerta de nivel amarelo na costa galega por ondas de ata 5 metros.
Le Monde, The Guardian, Süddeutsche Zeitung, La Stampa, Gazeta Wyborcza e El País publican un editorial conxunto na defensa da liberdade de expresión tras o atentado contra Charlie Hebdo. Titúlana Seguiremos publicando
O primeiro ministro francés anuncia varias detencións vinculadas cos asasinatos na revista Charlie Hebdo
A Policía dá por desarticulada a banda do narco arousán 'O mulo' tras as detencións dos últimos días. Recólleo El País
O presidente do Atlético di que o Frente Atlético "sempre é benvido no Calderón" mes e pouco despois de que varios dos seus membros asasinasen o seareiro ultra do Deportivo Jimmy.
#JeSuisCharlie Sucédense as mostras de solidariedade tras o masacre perpetrado na sede da revista Charlie Hebdo. As persoas asasinadas son cando menos 12, dez traballadores da revista e dous axentes de policía, segundo informa Libération