O PP faise coa Alcaldía de Noia tras prosperar a moción de censura impulsada xunto ao partido N.O.I.A., que dende o inicio do mandato e ata hai dous meses gobernaba co PSdeG. Pouco antes da censura o goberno saínte remitiu á Fiscalía o caso que, destapado pola Marea noiesa, apunta ao uso dunha "caixa B" por parte da líder de N.O.I.A. para financiar unha viaxe a Benidorm. (Imaxe: PP)
