Ferroatlántica solicita oficialmente á Xunta a segregación das súas actividades na Costa da Morte para poder vender as centrais. Vén de adiantalo nun comunicado oficial. Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
O xuíz envía a prisión comunicada e sen fianza ao acusado de matar o seu fillo en Oza-Cesuras. Impútalle delitos de homicidio ou asasinato e contra a integridade física e moral da súa ex-muller. O caso está a ser abordado no xulgado de violencia contra a muller e o presunto asasino acolleuse ao dereito a non declarar.
VÍDEO | O Congreso aproba a proposición do PSOE para exhumar a Franco do Valle de los Caídos e desenvolver aspectos pendentes da lei de memoria histórica. A iniciativa saíu adiante sen os votos do PP e o Goberno de España non ten a obriga legal de aplicala.
Anticorrupción denuncia a Iberdrola por manipular varias das súas centrais, entre elas as galegas, para subir o prezo da luz. Adiántao El País. Competencia xa sancionara a eléctrica en 2015 por este episodio, acontecido en 2013 en varios complexos hidroeléctricos. Un deles foi ampliado recentemente con obras inauguradas a comezos deste ano.
A segunda xornada de controis na fronteira galego-portuguesa pola visita do Papa comeza con menores retencións entre Tui e Valença. Na imaxe, os vehículos no límite fronteirizo na A-55 esta mañá.
A deputada de En Marea Luca Chao tramita unha redución do seu salario para "poder axudar nas fins de semana" no posto de comida da súa parella. A Comisión do Estatuto do Deputado aprobou o cambio da dedicación exclusiva da parlamentaria por outra parcial, segundo avanzou Europa Press na súa web.
Abanca segue a expandirse e tras declarar novos beneficios abre unha financeira en México e unha oficina no Brasil. Recólleo Faro de Vigo
VÍDEO | O ex-presidente brasileiro Lula da Silva declara ante o xuíz na controvertida operación xudicial na que é investigado. "Estou sendo julgado por um Power Point mentiroso", afirma. Tras cinco horas de declaración o ex-mandatario advertiu: "Estou vivo e me preparando para voltar a ser candidato" Está a contalo Carta Capital
O fiscal anticorrupción difundiu o informe que alertou o 'número dous' do Ministerio do Interior das sospeitas sobre el. Unha información de eldiario.es
O PP pide que Rajoy declare por videoconferencia no xuízo da Gürtel. Recólleo eldiario.es