VÍDEO | O ex-presidente brasileiro Lula da Silva declara ante o xuíz na controvertida operación xudicial na que é investigado. "Estou sendo julgado por um Power Point mentiroso", afirma. Tras cinco horas de declaración o ex-mandatario advertiu: "Estou vivo e me preparando para voltar a ser candidato" Está a contalo Carta Capital
Fálase
O fiscal anticorrupción difundiu o informe que alertou o 'número dous' do Ministerio do Interior das sospeitas sobre el. Unha información de eldiario.es
O PP pide que Rajoy declare por videoconferencia no xuízo da Gürtel. Recólleo eldiario.es
VÍDEO | 'Vou para a cama'. O proxecto Apego propón unha nova canción para que a rapazada vaia á cama cantando en galego coa música de Paco Nogueiras
Os controis fronteirizos entre Tui e Valença por mor da visita do Papa provocan atascos de en torno a unha hora. Está a contalo Faro de Vigo. Imaxe da Dirección Xeral de Tráfico.
A deputada ourensá do PSOE Rocío de Frutos anuncia que deixará o partido se Susana Díaz gaña as primarias. De Frutos foi unha das parlamentarias que se desmarcou da abstención na investidura de Mariano Rajoy. Avanzou esa decisión durante unha entrevista na Radio Galega.
Entre setembro de 2015 e decembro de 2016, 388 persoas morreron cando intentaban chegar a España en patera, segundo un informe da ONG Caminando Fronteras; 122 eran menores. Ademais, houbo 700 persoas feridas de gravidade e 600 devolucións en quente. A entidade denuncia que os e as náufragas nunca foron tratadas como vítimas, non se aplicaron os protocolos de rescate correspondentes e primaron sempre os de control de fronteiras e estranxeiría.
Mantense a confusión sobre o peche de fronteiras en Portugal. O Goberno luso desmentiu nun comezo a España sobre o nivel das restricións pero este martes pola tarde confirmaba que só os pasos de Tui e Verín estarían abertos para todos os viaxeiros, mentres que o resto se reservarían a traballadores locais e residentes.
Detido outro oficial do Exército alemán por preparar un atentado para culpar os refuxiados. É o terceiro detido por este motivo no seo do exército, no que se segue investugado esta célula terrorista de extrema dereita.
A Fiscalía sospeita de Interior no chivatazo a Ignacio González e destaca "a gravidade" do encontro do número dous do Ministerio, José Antonio Nieto, co irmán do expresidente madrileño. Nieto dirixiuse á Fiscalía para pedir que aclare estas acusacións.