A Fiscalía sospeita de Interior no chivatazo a Ignacio González e destaca "a gravidade" do encontro do número dous do Ministerio, José Antonio Nieto, co irmán do expresidente madrileño. Nieto dirixiuse á Fiscalía para pedir que aclare estas acusacións.
Fálase
Trump destitúe o director do FBI, James Comey, xusto cando a axencia mantén unha investigación sobre a presunta relación co Goberno ruso de varias persoas próximas ao presidente estadounidense
Abanca obtivo un beneficio neto de 153 millóns de euros no primeiro trimestre, o duplo que no mesmo período do ano anterior. A entidade resultante da compra de Novagalicia Banco xa rematara 2016 cunhas ganancias superiores aos 330 millóns de euros.
O CIS mantén o PP como primeira forza en estimación de voto en eleccións xerais cun 31,5%, seguido de PSOE e Unidos Podemos e mais as súas confluencias, situados nun empate técnico un chisco por baixo do 20%. Recólleo eldiario.es
Atopan o cadáver dun neno de 11 anos en Oza-Cesuras. A nai do meniño denunciara a súa desaparición tras non regresar á hora pactada co pai. Está a contalo a TVG
Javier López-Madrid dimite como conselleiro de OHL tras ser investigado na Operación Lezo, pero segue á fronte de Ferroatlántica -actualmente Ferroglobe-, inmersa na venda das centrais hidroeléctricas galegas.
O Parlamento aproba este martes outra volta a petición do traspaso da AP-9 a Galicia. A norma sairá aprobada por unanimidade, como na anterior ocasión, en que a lei galega acabou vetada polo Goberno de Rajoy a través dun informe baseado en cálculos erróneos.
O Congreso vota hoxe retirar o cadáver de Franco do Valle de los Caídos e negar as axudas á Fundación Franco. A proposta do PSOE sairá adiante malia á oposición do PP, pero o Goberno de Mariano Rajoy non está obrigado a cumprila.
O Pleno da Coruña deu luz verde ao ditame da comisión de Facenda sobre as reclamacións ao proxecto de Orzamentos, cunha rebaixa de 7,3 millóns con respecto á proposta inicial fo Goberno local. Con este trámite, as contas municipais quedaron aprobadas de forma definitiva.
O alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso (PSdeG-PSOE), inhabilitado catro anos por prevaricación, acusado de contratar de forma ilegal un compañeiro de partido para traballar no Concello. O rexedor di que recorrerá o ditame e asegura que "non cometín delito ningún, igual hai unha pequena irregularidade"