Mantense a confusión sobre o peche de fronteiras en Portugal. O Goberno luso desmentiu nun comezo a España sobre o nivel das restricións pero este martes pola tarde confirmaba que só os pasos de Tui e Verín estarían abertos para todos os viaxeiros, mentres que o resto se reservarían a traballadores locais e residentes.
