Anticorrupción denuncia a Iberdrola por manipular varias das súas centrais, entre elas as galegas, para subir o prezo da luz. Adiántao El País. Competencia xa sancionara a eléctrica en 2015 por este episodio, acontecido en 2013 en varios complexos hidroeléctricos. Un deles foi ampliado recentemente con obras inauguradas a comezos deste ano.
Fálase
A segunda xornada de controis na fronteira galego-portuguesa pola visita do Papa comeza con menores retencións entre Tui e Valença. Na imaxe, os vehículos no límite fronteirizo na A-55 esta mañá.
A deputada de En Marea Luca Chao tramita unha redución do seu salario para "poder axudar nas fins de semana" no posto de comida da súa parella. A Comisión do Estatuto do Deputado aprobou o cambio da dedicación exclusiva da parlamentaria por outra parcial, segundo avanzou Europa Press na súa web.
Abanca segue a expandirse e tras declarar novos beneficios abre unha financeira en México e unha oficina no Brasil. Recólleo Faro de Vigo
VÍDEO | O ex-presidente brasileiro Lula da Silva declara ante o xuíz na controvertida operación xudicial na que é investigado. "Estou sendo julgado por um Power Point mentiroso", afirma. Tras cinco horas de declaración o ex-mandatario advertiu: "Estou vivo e me preparando para voltar a ser candidato" Está a contalo Carta Capital
O fiscal anticorrupción difundiu o informe que alertou o 'número dous' do Ministerio do Interior das sospeitas sobre el. Unha información de eldiario.es
O PP pide que Rajoy declare por videoconferencia no xuízo da Gürtel. Recólleo eldiario.es
VÍDEO | 'Vou para a cama'. O proxecto Apego propón unha nova canción para que a rapazada vaia á cama cantando en galego coa música de Paco Nogueiras
Os controis fronteirizos entre Tui e Valença por mor da visita do Papa provocan atascos de en torno a unha hora. Está a contalo Faro de Vigo. Imaxe da Dirección Xeral de Tráfico.
A deputada ourensá do PSOE Rocío de Frutos anuncia que deixará o partido se Susana Díaz gaña as primarias. De Frutos foi unha das parlamentarias que se desmarcou da abstención na investidura de Mariano Rajoy. Avanzou esa decisión durante unha entrevista na Radio Galega.