Empate do Dépor en Riazor ante o Valladolid (0-0). Os de Oltra seguen últimos na clasificación da Liga empatados a puntos co Espanyol
Fálase
O Tribunal Constitucional avala a atención sanitaria para as persoas migrantes sen regularizar ao non admitir o recurso presentado polo Goberno central contra o decreto do Goberno vasco. Deste xeito a limitación de acceso á sanidade que aprobou o Goberno de Rajoy non se aplicará, cando menos de momento, no País Vasco.
A Mesa do Parlamento ratifica que lles descontará aos deputados e deputadas o equivalente a unha paga extra no seu salario. Ademais, reduce nun 20% o complemento dos membros da propia Mesa, situado agora en 1.831 euros que se engaden ao resto do salario.
Os desafiuzamentos aumentaron un 134% en 2012, segundo o CGPJ, que advirte que a situación crea "un conflito social".
A OCDE advirte de que a austeridade pon en perigo os logros en igualdade. España foi o país que máis reduciu a desigualdade de xénero no mercado laboral entre 1985 e 2010. Cóntao El Diario.
Rajoy di en Twitter que o seu Goberno é consciente de que este é un ano "difícil" no que os "sacrificios" non teñen "froitos palpables para o cidadán"
Sindicatos de Novagalicia prevén "conflito" se non se retirán os 2.500 despidos na entidade, logo dunha xuntanza do comité de empresa co BNG.
O ourensán Fernando Epelde gaña o Premio SGAE de Teatro 2012 pola súa obra Estado de gracia
Na votación para elixir o presidente do Parlamento catalán rexistráronse tres votos nulos. Corresponden aos deputados da CUP, que votaron polo desafiuzado de Burjassot que se intentou suicidar.
O fiscal xeral do Estado recoñece que non é posible abrir unha causa penal global contra as caixas polas preferentes. Torres-Dulce descarta unha impugnación global por delito de estafa, pero recoñece que son "un produto financeiro opaco, que se gobernou mal e que estaba previsto para un tempo sen crise".