UGT abandona o comité de folga de Xustiza, segundo revela o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. O sindicato únese a CCOO, que xa deixara o órgano de representación dos traballadores durante o paro, agora suspendido. O Goberno galego deu un ultimato ás centrais para que acepten a súa última oferta.
