A irmá de John Lennon, que está a facer o Camiño Inglés dende A Coruña, visitou a estatua que o beatle ten nos Cantóns. Unhas 150 persoas cantaron o "Give peace a chance"
Fálase
O Goberno central autoriza o Open Arms a desembarcar en Barcelona as 60 persoas rescatadas. No buque, que evitou que morresen afogadas fronte ás costas libias, viaxa a eurodeputada Ana Miranda.
Vigo acolleu este sábado a manifestación do Orgullo LGTBI, convocada pola Asociación Nós Mesmas
O barco Open Arms pon rumbo a España tralo rescate de 59 persoas fronte ás costas de Libia. Este venres 100 persoas, entre elas tres bebés, morreron tras naufragar a súa patera na mesma zona. O ministro do Interior italiano, o ultradereitista Matteo Salvini, anuncia que non permitirá que a embarcación atraque nun porto do país transalpino.
Es 2017 case 30.000 sentenzas por violencia de xénero foron ditadas nos 383 Xulgados do Penal de toda España, dos que só 31 contan con maxistrados/as e fiscais especializados/as 14 anos despois da aprobación da Lei de Violencia de Xénero
Falece Ana María Prieto, a primeira programadora informática galega. Cóntao GCiencia
Ricardo Carvalho Calero e Antón Fraguas optarán a seren os autores homenaxeados no Día das Letras do 2019. A RAG vaino decidir o vindeiro 7 de xullo.
A Academia Galega do Audiovisual publica un decálogo cos seus compromisos a prol da igualdade de xénero, dende aplicar a paridade nas comisións, xurados de premios e equipos de asesoramento ata incluír a perspectiva de xénero en todos os informes publicados. Así mesmo, deseñará protocolos para dar resposta ás situacións de acoso no cine e na televisión e algún dos premios da AGA levará o nome "dunha muller relevante na historia do noso audiovisual".
O xornalista Andrés Gil será proposto como vindeiro presidente de RTVE. Gil é o actual xefe da área política de eldiario.es