Ricardo Carvalho Calero e Antón Fraguas optarán a seren os autores homenaxeados no Día das Letras do 2019. A RAG vaino decidir o vindeiro 7 de xullo.
Fálase
A Academia Galega do Audiovisual publica un decálogo cos seus compromisos a prol da igualdade de xénero, dende aplicar a paridade nas comisións, xurados de premios e equipos de asesoramento ata incluír a perspectiva de xénero en todos os informes publicados. Así mesmo, deseñará protocolos para dar resposta ás situacións de acoso no cine e na televisión e algún dos premios da AGA levará o nome "dunha muller relevante na historia do noso audiovisual".
O xornalista Andrés Gil será proposto como vindeiro presidente de RTVE. Gil é o actual xefe da área política de eldiario.es
A vista preliminar do proceso xudicial para recuperar as figuras do Mestre Mateo espoliadas polos Franco celebrarase o 15 de outubro. O Concello de Santiago agarda que a primeira sentenza chegue este ano.
Os Estados da UE acadan de madrugada un acordo sobre migracións que inclúe a creación de centros "controlados" para persoas migrantes. Segundo Pedro Sánchez, o acordo non é "o mellor" pero resulta positivo para os intereses que defendeu o Goberno de España no cumio
Ximo Puig destitúe de todos os seus cargos o presidente da Diputación de Valencia trala súa detención no marco da operación Alquería
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) vén de publicar o seu informe anual sobre a acción exterior de Galicia, Nós no mundo, este ano enfocado na paradiplomacia municipal. Pódese descargar aquí.
O concello leonés de Camponaraya retira os carteis nos que anunciaba unha viaxe a Cambados e Combarro baixo o título de “Rías Baixas. Costa da Fariña”. A Deputación de Pontevedra protestara ante o alcalde da localidade, que confirmou que todos os anuncios foron xa eliminados.
Gas Natural Fenosa muda o seu nome e pasa a denominarse Naturgy. A marca da antiga eléctrica galega desaparece de vez da empresa catalá.
Falece José Luis Meilán Gil, político na etapa da Transición e un dos impulsores do actual Estatuto de Autonomía de Galicia. Desenvolveu unha ampla traxectoria como catedrático de Dereito Administrativo e foi reitor da Universidade da Coruña. Máis información, hoxe en Praza.gal