A Academia Galega do Audiovisual publica un decálogo cos seus compromisos a prol da igualdade de xénero, dende aplicar a paridade nas comisións, xurados de premios e equipos de asesoramento ata incluír a perspectiva de xénero en todos os informes publicados. Así mesmo, deseñará protocolos para dar resposta ás situacións de acoso no cine e na televisión e algún dos premios da AGA levará o nome "dunha muller relevante na historia do noso audiovisual".