O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) vén de publicar o seu informe anual sobre a acción exterior de Galicia, Nós no mundo, este ano enfocado na paradiplomacia municipal. Pódese descargar aquí.
Fálase
O concello leonés de Camponaraya retira os carteis nos que anunciaba unha viaxe a Cambados e Combarro baixo o título de “Rías Baixas. Costa da Fariña”. A Deputación de Pontevedra protestara ante o alcalde da localidade, que confirmou que todos os anuncios foron xa eliminados.
Gas Natural Fenosa muda o seu nome e pasa a denominarse Naturgy. A marca da antiga eléctrica galega desaparece de vez da empresa catalá.
Falece José Luis Meilán Gil, político na etapa da Transición e un dos impulsores do actual Estatuto de Autonomía de Galicia. Desenvolveu unha ampla traxectoria como catedrático de Dereito Administrativo e foi reitor da Universidade da Coruña. Máis información, hoxe en Praza.gal
As vítimas do accidente de Angrois xa están en Bruxelas, onde se reunirán coa comisaría europea de Transportes, Violeta Bulc, por intermediación do BNG, representado na xuntanza pola eurodeputada Ana Miranda e a portavoz nacional da formación, Ana Pontón. O encontro prodúcese poucos días despois da chegada ao xulgado do transcendental informe da Axencia Ferroviaria Europea sobre o sinistro. O máis destacado do encontro, neste espazo
Incéndiase en Moeche un tren FEVE que cubría a liña Ferrol-Oviedo. O tren do norte acumula deficiencias dende hai anos entre alertas veciñais e políticas sobre o seu posible "desmantelamento". (Imaxe: Radiofusión)
O catedrático Xosé Luís Regueira, novo director do Instituto da Lingua Galega
A montaña de Lugo e Ourense estará este luns baixo aviso amarelo por tormentas despois de que este domingo o estivesen por altas temperaturas Valdeorras e o val do Miño.
O cemiterio de Lourenzá xa conta cun monolito en lembranza dos guerrilleiros Luís Trigo 'Gardarríos' e Antonia Pérez, homenaxeados este sábado nesa vila e en Mondoñedo no 70 aniversario do seu asasinato.
O servizos de emerxencias do 112 rexistraron máis de 200 incidencias relacionadas coa noite de San Xoán, principalmente na Coruña, Vigo, Nigrán e Santiago.