O barco Open Arms pon rumbo a España tralo rescate de 59 persoas fronte ás costas de Libia. Este venres 100 persoas, entre elas tres bebés, morreron tras naufragar a súa patera na mesma zona. O ministro do Interior italiano, o ultradereitista Matteo Salvini, anuncia que non permitirá que a embarcación atraque nun porto do país transalpino.