Os traballadores dos estaleiros de Ferrol concentráronse esta mañá en solidariedade co naval vigués

Os traballadores dos estaleiros de Ferrol concentráronse esta mañá en solidariedade co naval vigués
Unha sondaxe do CEO da Generalitat confirma o sorpasso de ERC a CiU. Os republicanos obterían 38-39 escanos, por 35-37 da formación liderada por Artur Mas. PSC e PP perderían apoios, e ICV-EUiA, C's e CUP subirían lixeiramente. Segundo a sondaxe, o 55,6% dos cataláns votaría a favor da independencia
O Primavera Sound realizará unha serie de mini-festivais itinerantes en distintas cidades, entre elas Santiago de Compostela
A esta hora comeza no Parlamento a primeira comparecencia na comisión de investigación das caixas, coa intervención do do profesor universitario Ángel Vilariño. Pola tarde é a quenda do conselleiro de Economía do bipartito, José Ramón Fernández Antonio.
Novo imputado no Concello de Santiago. O concelleiro socialista Bernardino Rama foi citado a declarar polo xuíz Vázquez Taín. a
Primeiras concentracións na xornada de folga xeral no sector naval de Vigo. Os traballadores de dez estaleiros privados da comarca están chamados ao paro para exixir solucións á crise da industria e os sindicatos falan xa dun seguimento total. Imaxe de @EU_Vigo.
A Comisión de Peticións do Parlamento europeo modifica o seu informe sobre as rías galegas e elimina as referencias a Ferrol. BNG e AGE denuncian que se trata dun intento de "contentar as autoridades e deputados do PP".
Faro de Vigo publica as actas do Banco de España, claves na fusión das caixas galegas e salienta que Caixa Galicia estaba "quebrada e baixo ameaza de intervención inmediata". KPMG estimó en 1.793 millóns as perdas de Caixa Galicia polo sector inmobiliario.
O actor James Gandolfini, protagonista de The Sopranos, entre outros filmes e series, faleceu esta noite vítima dun infarto aos 51 anos de idade.
A presión das autonomías obriga a Wert a revisar as bolsas. O ministro de Educación acepta modificar a nota para acadar as axudas en bacharelato e FP. As socialistas Andalucía e Asturias pero tamén as populares Castela-A Mancha e Castela e León posicionáronse contra o decreto do Goberno dende un primeiro momento na xuntanza que tivo lugar a última hora de onte.