Acordo entre o PSdeG e Compostela Aberta para a aprobación dos orzamentos de Santiago de 2020. O proxecto, aprobado este luns na Xunta de Goberno do consistorio, sairá adiante cos votos a prol dos socialistas e a abstención de CA no pleno do 2 de marzo. Na imaxe, Bugallo e Noriega durante os traballos dos traspaso de poderes, na primavera de 2019.
Fálase
O Festival Audiovisual Escolar Olloboi de Boiro, galardoado co Premio Especial José Sellier da Academia Galega do Audiovisual, que destaca a súa aposta por "difundir o audiovisual galego entre a xuventude a través das creadoras e creadores e permitir que o talento dos nosos artistas faga canteira". Recibirán o premio encontro de finalistas dos XVIII Premios Mestre Mateo, o venres na Coruña.
Ángel Carracedo é hoxe investido doctor honoris causa pola Universidade do Minho. A institución académica, que celebra o seu 46º aniversario, destaca que Carracedo é "reconhecido não só pelo seu trabalho com impacto nos domínios da genética", senón tamén "na aplicação dos seus estudos para benefício da sociedade" e polos "seus enormes contributos para a cultura galega". (Imaxe: USC)
Néstor Rego revalida a secretaría xeral da Unión do Povo Galego. A UPG celebrou este domingo en Santiago o seu décimo quinto Congreso, en cuxo acto de clausura o tamén deputado no Congreso estivo acompañado pola líder do BNG, Ana Pontón (Imaxe: UPG)
A Xunta publica hoxe a convocatoria para funcionarizar arredor de 1.300 postos de persoal laboral. O pasado decembro o Goberno galego sinalou que este proceso beneficiará unhas 1.400 persoas, aínda que Feijóo o anunciara hai sete anos para 6.000.
5A | Unha enquisa de GAD3 para ABC sitúa o PP coa maioría absoluta intacta nas eleccións galegas. Segundo este inquérito, a segunda forza sería o PSdeG con 21 escanos -7 máis- e a terceira, o BNG con 11 -5 máis-. Outorga a cuarta posición á opción que identifica como En Marea e Común da Esquerda, malia seren na actualidade dúas formacións diferentes.
Milleiros de persoas maniféstanse en León, Ponferrada e Villablino reclamando solucións políticas á crise económica e demográfica coa reivindicación da autonomía leonesa como pano de fondo. (Imaxe: CC BY-NC-ND iLeon)
5A | A presidenta de Madrid pide "aglutinar o voto" da dereita "en torno a Núñez Feijóo" porque "por un escano, pódese perder Galicia", sinalou Isabel Díaz Ayuso, que en declaracións que destaca EFE e recolle o xornal El Progreso aposta por apuntalar unha nova maioría absoluta do PP galego. (Imaxe: PP)
Declarado un incendio forestal en Ortigueira, na parroquia de Couzadoiro. Segundo Medio Rural, "afecta a unhas 20 hectáreas". Toda a costa galega está hoxe en alerta laranxa por fortes ventos. (Imaxe: Google Maps). Bombeiros forestais tamén dan conta doutro incendio no Barco de Valdeorras, non sinalado na información oficial da Xunta. O lume foi dado por controlado en Ortigueira contra as 15h.
A Xunta anuncia que publica mañá mañá as primeiras convocatorias para funcionarizar persoal laboral, con algo máis de 1.300 prazas. Segundo o o avanzado o pasado decembro, o proceso chegará a 1.424 persoas con condición de persoal laboral fixo. Hai sete anos, Feijóo anunciara a funcionarización para 6.000.