O xornalista Andrés Gil confirma a súa renuncia á posibilidade de optar á presidencia de RTVE. Detállao neste artigo en eldiario.es
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5b39c6232eccc-andres-gil-renuncia-candidatura-rtve_ediima20180702_0013_19.jpg)
O xornalista Andrés Gil confirma a súa renuncia á posibilidade de optar á presidencia de RTVE. Detállao neste artigo en eldiario.es
Andrés Manuel López Obrador gaña as eleccións en México e leva a esquerda ao poder no país por primeira vez. "Primeiro, os pobres", proclamou o novo presidente mexicano, quen situou a "erradicación da corrupción" como prioridade.
4gotas destaca que a intensidade da chuvia caída este sábado na Coruña (28 l/m2 nunha hora e 20 l/m2 en media hora) foi a máis alta dende, cando menos, 2007. Acompaña a información dun gráfico no que compara a tromba de onte cos meirandes episodios de chuvia intensa dos últimos
México celebra este domingo eleccións presidenciais, co esquerdista Andrés Manuel López Obrador situado como gran favorito para obter a vitoria, amosando as últimas sondaxes publicadas unha diferenza ao seu favor de entre 14 e 32 puntos sobre os candidatos de PRI e PAN. Os primeiros resultados coñeceranse durante a madrugada
Este sábado caeron case seis mil raios en toda Galicia. Só entre as 12 e as 14 horas caeron máis de dous mil, segundo os datos de Meteogalicia. En canto ás chuvias, na Coruña caeron case 28 litros por metro cadrado entre as 17 e as 18 horas, con 20 litros acumulados en só media hora
O Sergas agrupa en 23 centros os e as pediatras de 47 concellos de Pontevedra ante a imposibilidade de cubrir as vacantes por vacacións. Asociacións do sector calculan que se necesita a contratación de 40 profesionais para solucionar as eivas actuais, que se agravan no verán e que son especialmente negativas en Vigo.
A irmá de John Lennon, que está a facer o Camiño Inglés dende A Coruña, visitou a estatua que o beatle ten nos Cantóns. Unhas 150 persoas cantaron o "Give peace a chance"
O Goberno central autoriza o Open Arms a desembarcar en Barcelona as 60 persoas rescatadas. No buque, que evitou que morresen afogadas fronte ás costas libias, viaxa a eurodeputada Ana Miranda.
Vigo acolleu este sábado a manifestación do Orgullo LGTBI, convocada pola Asociación Nós Mesmas