México celebra este domingo eleccións presidenciais, co esquerdista Andrés Manuel López Obrador situado como gran favorito para obter a vitoria, amosando as últimas sondaxes publicadas unha diferenza ao seu favor de entre 14 e 32 puntos sobre os candidatos de PRI e PAN. Os primeiros resultados coñeceranse durante a madrugada
Fálase
Este sábado caeron case seis mil raios en toda Galicia. Só entre as 12 e as 14 horas caeron máis de dous mil, segundo os datos de Meteogalicia. En canto ás chuvias, na Coruña caeron case 28 litros por metro cadrado entre as 17 e as 18 horas, con 20 litros acumulados en só media hora
O Sergas agrupa en 23 centros os e as pediatras de 47 concellos de Pontevedra ante a imposibilidade de cubrir as vacantes por vacacións. Asociacións do sector calculan que se necesita a contratación de 40 profesionais para solucionar as eivas actuais, que se agravan no verán e que son especialmente negativas en Vigo.
A irmá de John Lennon, que está a facer o Camiño Inglés dende A Coruña, visitou a estatua que o beatle ten nos Cantóns. Unhas 150 persoas cantaron o "Give peace a chance"
O Goberno central autoriza o Open Arms a desembarcar en Barcelona as 60 persoas rescatadas. No buque, que evitou que morresen afogadas fronte ás costas libias, viaxa a eurodeputada Ana Miranda.
Vigo acolleu este sábado a manifestación do Orgullo LGTBI, convocada pola Asociación Nós Mesmas
O barco Open Arms pon rumbo a España tralo rescate de 59 persoas fronte ás costas de Libia. Este venres 100 persoas, entre elas tres bebés, morreron tras naufragar a súa patera na mesma zona. O ministro do Interior italiano, o ultradereitista Matteo Salvini, anuncia que non permitirá que a embarcación atraque nun porto do país transalpino.
Es 2017 case 30.000 sentenzas por violencia de xénero foron ditadas nos 383 Xulgados do Penal de toda España, dos que só 31 contan con maxistrados/as e fiscais especializados/as 14 anos despois da aprobación da Lei de Violencia de Xénero
Falece Ana María Prieto, a primeira programadora informática galega. Cóntao GCiencia