Este sábado caeron case seis mil raios en toda Galicia. Só entre as 12 e as 14 horas caeron máis de dous mil, segundo os datos de Meteogalicia. En canto ás chuvias, na Coruña caeron case 28 litros por metro cadrado entre as 17 e as 18 horas, con 20 litros acumulados en só media hora