A casa do histórico narco Manuel Charlín, asaltada en Vilanova de Arousa. Charlín e o seu fillo Melchor foron trasladados ao hospital e a Garda Civil investiga os feitos. Recólleo Pontevedra Viva.
Fálase
Luís Bará (BNG) racha unha foto do rei no Parlamento durante a defensa dunha iniciativa contra a 'lei mordaza' para "impedir a actual interpretación dos delitos de incitación ao odio e enaltecemento do terrorismo". O PP retrucou que o Bloque "non cre na democracia" no marco do debate e a Presidencia do Parlamento anunciou que "trasladará os feitos" á Xunta de Portavoces da Cámara por ser "unha conduta digna de reproche en sede parlamentaria".
O persoal de Xustiza en folga traslada as súas reclamacións ao Congreso e ao Ministerio en Madrid. O comité de folga fai entrega dunha carta ao ministro explicando a súa "situación de discriminación" e reúnese cos diferentes grupos políticos tras ser convidado por En Marea.
VÍDEO | O fundador de Facebook, Mark Zuckerberg, convidado a revelar os seus propios datos persoais no Senado estadounidense para exemplificar o tratamento que a rede social que dirixe fai desta información das persoas usuarias. Zuckerberg compareceu ante esta Cámara dos EUA tras un novo escándalo polo uso irregular de datos. O xornal portugués Público lembra conflitos anteriores ao respecto.
Unha forte sarabiada atranca a AP-9 á altura de Sigüeiro, con varios vehículos accidentados (Imaxe: Antón Escuredo). En circunstancias coma estas Audasa tentou esquivar a súa responsabilidade culpando as persoas que conducen das neglixencias.
O Tribunal Constitucional avala por 8 votos a 4 o financiamento público dos colexios que segregan o alumnado por sexo e o resto de preceptos da Lei Wert, aínda vixente, que recorrera o PSOE.
A Garda Civil detén unha membro dos 'Comités de Defensa da República' en Catalunya polas protestas da pasada Semana Santa. Acúsana de delitos como rebelión ou terrorismo, segundo está a informar o diario Ara
O PP rexeita no Senado conmemorar o 80º aniversario do bombardeo fascista de Gernika porque "houbo atrocidades nos dous bandos". Recólleo eldiario.es
Recuperado un cadáver na contorna da praia coruñesa de Riazor onde desapareceu unha moza levada polo mar, segundo confirman os Bombeiros da Coruña. A moza ourensá desaparecera o Venres Santo pasado ao achegarse ao ser arrastrada polas ondas. O dispositivo de busca de Andrea Domínguez durou nove días.
A xustiza alemá tamén dubida de que Puigdemont cometese un delito de malversación. La Vanguardia publica a resolución do tribunal de Schleswig-Holstein sobre o ex-presidente catalán.