O PP rexeita no Senado conmemorar o 80º aniversario do bombardeo fascista de Gernika porque "houbo atrocidades nos dous bandos". Recólleo eldiario.es
Fálase
Recuperado un cadáver na contorna da praia coruñesa de Riazor onde desapareceu unha moza levada polo mar, segundo confirman os Bombeiros da Coruña. A moza ourensá desaparecera o Venres Santo pasado ao achegarse ao ser arrastrada polas ondas. O dispositivo de busca de Andrea Domínguez durou nove días.
A xustiza alemá tamén dubida de que Puigdemont cometese un delito de malversación. La Vanguardia publica a resolución do tribunal de Schleswig-Holstein sobre o ex-presidente catalán.
O DOG publica este luns a reforma da lei de saúde, aprobada en solitario polo PP entre fortes protestas. Esta publicación activa o calendario para a súa entrada en vigor dentro de vinte días.
O partido do xenófobo Viktor Orban logra unha esmagadora vitoria nas eleccións húngaras. O escrutinio oficial pódese consultar nesta ligazón.
Pedro Puy salienta que Feijóo xunta "cualidades e opcións para ser candidato á Moncloa" se Rajoy non recunca. Afirmouno o voceiro parlamentario do PP nunha entrevista coa Cadena SER
O avogado Enrique Santiago, elixido novo secretario xeral do Partido Comunista de España. Substitúe a José Luis Centella. A secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia, a deputada autonómica Eva Solla, deséxalle “azos e forza”.
Ana Pastor, José Manuel Barreiro, Celso Delgado ou Juan Manuel Jiménez Morán, entre os cargos galegos do PP que este sábado ovacionaron en pé a Cristina Cifuentes na convención do PP en Sevilla segundo divulgou o propio partido na Comunidad de Madrid. O presidente Feijóo, como fixera o xoves, volveu amosar a súa confianza na palabra de Cifuentes e deitou a responsabilidade na universidade.
“A clave de que a semente do racismo e a extrema dereita non poida proliferar está no municipalismo, desde a comunidade e a proximidade”, di a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, nunha entrevista con eldiario.es
Ciudadanos encarga unha enquisa para decidir que fai con Cristina Cifuentes tras a polémica por como obtivo o seu máster a presidenta da Comunidad de Madrid.