O DOG publica este luns a reforma da lei de saúde, aprobada en solitario polo PP entre fortes protestas. Esta publicación activa o calendario para a súa entrada en vigor dentro de vinte días.
Fálase
O partido do xenófobo Viktor Orban logra unha esmagadora vitoria nas eleccións húngaras. O escrutinio oficial pódese consultar nesta ligazón.
Pedro Puy salienta que Feijóo xunta "cualidades e opcións para ser candidato á Moncloa" se Rajoy non recunca. Afirmouno o voceiro parlamentario do PP nunha entrevista coa Cadena SER
O avogado Enrique Santiago, elixido novo secretario xeral do Partido Comunista de España. Substitúe a José Luis Centella. A secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia, a deputada autonómica Eva Solla, deséxalle “azos e forza”.
Ana Pastor, José Manuel Barreiro, Celso Delgado ou Juan Manuel Jiménez Morán, entre os cargos galegos do PP que este sábado ovacionaron en pé a Cristina Cifuentes na convención do PP en Sevilla segundo divulgou o propio partido na Comunidad de Madrid. O presidente Feijóo, como fixera o xoves, volveu amosar a súa confianza na palabra de Cifuentes e deitou a responsabilidade na universidade.
“A clave de que a semente do racismo e a extrema dereita non poida proliferar está no municipalismo, desde a comunidade e a proximidade”, di a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, nunha entrevista con eldiario.es
Ciudadanos encarga unha enquisa para decidir que fai con Cristina Cifuentes tras a polémica por como obtivo o seu máster a presidenta da Comunidad de Madrid.
Lula entrégase para ingresar no cárcere tras asistir a unha misa en memoria da súa muller. O ex-presidente brasileiro está condenado por recibir un apartamento como suborno dunha construtora, pero di que vai demostrar a súa inocencia.
Marcando a diferenza, unha curtametraxe de dez mulleres xitanas de Santiago dirixida a todas as mulleres, xa pode verse na rede e aquí mesmo. Lurdes, Pilar, Amparo, Verónica, Saray, Dolores, Sabrina, Rebeca, Encarna e Tamara contaron coa axuda da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), a Fundación Secretariado Xitano, o Concello de Santiago e a Obra Social laCaixa.
Puigdemont pide ao Estado que mude de estratexia e permita a investidura de Jordi Sànchez, agora no cárcere. O president cesado apela ao diálogo co Goberno central na súa primeira rolda de prensa tras ser posto en liberdade.