Puigdemont pide ao Estado que mude de estratexia e permita a investidura de Jordi Sànchez, agora no cárcere. O president cesado apela ao diálogo co Goberno central na súa primeira rolda de prensa tras ser posto en liberdade.

Puigdemont pide ao Estado que mude de estratexia e permita a investidura de Jordi Sànchez, agora no cárcere. O president cesado apela ao diálogo co Goberno central na súa primeira rolda de prensa tras ser posto en liberdade.
A manifestación do persoal da Xustiza contra a Xunta recorre a esta hora as rúas de Santiago cunha alta participación malia a chuvia. Aquí a información ampliada.
O PSOE pide ao Rey que anule o ducado de Franco que reclama a súa neta. Os socialistas din que o monarca debe despoxarse de “vestixios do pasado” que o conectan co ditador.
O libro Fariña seguirá secuestrado ata que se celebre o xuízo contra o seu autor, Nacho Carretero, e os editores, fixado para o 21 de xuño. A editorial, Libros del KO, lamenta o prexuízo económico que lle está a supoñer.
O Parlamento de Galicia entrega as súas medallas a Cáritas, Aldeas Infantís e Cogami no día en que se cumpren 37 anos do Estatuto de Autonomía.
O reitor da URJC confirma a fraude no máster de Cristina Cifuentes. Javier Ramos recoñece que a acta da suposta defensa do traballo da presidenta madrileña non existe
Triunfa en Fene a moción de censura promovida polo Partido Popular, co apoio de Somos Fene. O popular Gurmersindo Galego accede á alcaldía en lugar de Juventino Trigo (BNG). En outubro un primeiro intento de moción de censura fora suspendido ante as sospeitas de transfuguismo dos edís de Somos Fene. Toda a información, esta tarde en Praza.
O responsable do máster de Cifuentes admite agora que a acta da avaliación é falsa e acusa o reitor da Universidade Rei Juan Carlos. Recólleo eldiario.es
O xuíz ordena que Lula da Silva ingrese xa en prisión mentres partidarios do ex-presidente brasileiro se manifestan a prol da súa liberdade.
A xustiza alemá deixa en liberdade a Puigdemont e desbota o delito de rebelión na petición de extradición. Queda libre baixo fianza mentres estuda a entrega.