O Tribunal Constitucional avala por 8 votos a 4 o financiamento público dos colexios que segregan o alumnado por sexo e o resto de preceptos da Lei Wert, aínda vixente, que recorrera o PSOE.
Fálase
A Garda Civil detén unha membro dos 'Comités de Defensa da República' en Catalunya polas protestas da pasada Semana Santa. Acúsana de delitos como rebelión ou terrorismo, segundo está a informar o diario Ara
O PP rexeita no Senado conmemorar o 80º aniversario do bombardeo fascista de Gernika porque "houbo atrocidades nos dous bandos". Recólleo eldiario.es
Recuperado un cadáver na contorna da praia coruñesa de Riazor onde desapareceu unha moza levada polo mar, segundo confirman os Bombeiros da Coruña. A moza ourensá desaparecera o Venres Santo pasado ao achegarse ao ser arrastrada polas ondas. O dispositivo de busca de Andrea Domínguez durou nove días.
A xustiza alemá tamén dubida de que Puigdemont cometese un delito de malversación. La Vanguardia publica a resolución do tribunal de Schleswig-Holstein sobre o ex-presidente catalán.
O DOG publica este luns a reforma da lei de saúde, aprobada en solitario polo PP entre fortes protestas. Esta publicación activa o calendario para a súa entrada en vigor dentro de vinte días.
O partido do xenófobo Viktor Orban logra unha esmagadora vitoria nas eleccións húngaras. O escrutinio oficial pódese consultar nesta ligazón.
Pedro Puy salienta que Feijóo xunta "cualidades e opcións para ser candidato á Moncloa" se Rajoy non recunca. Afirmouno o voceiro parlamentario do PP nunha entrevista coa Cadena SER
O avogado Enrique Santiago, elixido novo secretario xeral do Partido Comunista de España. Substitúe a José Luis Centella. A secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia, a deputada autonómica Eva Solla, deséxalle “azos e forza”.
Ana Pastor, José Manuel Barreiro, Celso Delgado ou Juan Manuel Jiménez Morán, entre os cargos galegos do PP que este sábado ovacionaron en pé a Cristina Cifuentes na convención do PP en Sevilla segundo divulgou o propio partido na Comunidad de Madrid. O presidente Feijóo, como fixera o xoves, volveu amosar a súa confianza na palabra de Cifuentes e deitou a responsabilidade na universidade.