Luís Bará (BNG) racha unha foto do rei no Parlamento durante a defensa dunha iniciativa contra a 'lei mordaza' para "impedir a actual interpretación dos delitos de incitación ao odio e enaltecemento do terrorismo". O PP retrucou que o Bloque "non cre na democracia" no marco do debate e a Presidencia do Parlamento anunciou que "trasladará os feitos" á Xunta de Portavoces da Cámara por ser "unha conduta digna de reproche en sede parlamentaria".
