O Consello Xeral do Poder Xudicial e o Goberno designarán este venres catro novos maxistrados do Tribunal Constitucional que inclinarán esta institución claramente en favor do sector conservador
Fálase
InfoLibre publica uns documentos de Eduardo Tamayo nos que desvela a organización do complot e anota nomes de políticos e empresarios que estarían involucrados.
España exportou armas por máis de 100 millóns de euros ao Magreb e Oriente Próximo en plena Primavera Árabe
ERC gañaría as eleccións en Catalunya segundo unha enquisa que publica El Periódico. Os republicanos obterían 39-40 escanos por 34-35 de CiU. PSC (16-17) e ICV (15-16) estarían case empatados, por diante de PP (13-14) e C's (12-13). As CUP manterían os seus 3 representantes
O 22 de xuño Bouzas acollerá a versión española da Geocamp, unha xornada sobre temas xeo e software libre que se ven celebrando dende hai 3 anos en Portugal. É un día para o intercambio de experiencias e coñecementos
Eurozone será a primeira produción galega nunha tempada do Centro Dramático Nacional. Terá 24 funcións no Teatro Valle Inclán de Madrid.
O eurodeputado do PP Carlos Iturgaiz considera "un escándalo" que o Parlamento Europeo premie a Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Considera o colectivo unha "organización violenta" e esixirá a retirada do galardón. En Público.es
Traballadores do naval protestan ante a sede da Xunta en Vigo e cortan o tráfico en defensa do sector.
Carlos Callón, absolto por segunda vez tras a repetición do proceso contra el propiciada polo xuíz Fraga Mandián. O presidente d'A Mesa reprocháralle ao maxistrado que manifestase non ter "problema" en usar "a ilegalidade La Coruña".
A Xunta entregou esta mañá no Parlamento a documentación solicitada polos grupos para a comisión de investigación das caixas. Son uns 30.000 folios repartidos en 20 caixas non confidenciais e 14 confidenciais, segundo sinala a Consellería de Facenda nun comunicado.