Traballadores do naval protestan ante a sede da Xunta en Vigo e cortan o tráfico en defensa do sector.
Fálase
Carlos Callón, absolto por segunda vez tras a repetición do proceso contra el propiciada polo xuíz Fraga Mandián. O presidente d'A Mesa reprocháralle ao maxistrado que manifestase non ter "problema" en usar "a ilegalidade La Coruña".
A Xunta entregou esta mañá no Parlamento a documentación solicitada polos grupos para a comisión de investigación das caixas. Son uns 30.000 folios repartidos en 20 caixas non confidenciais e 14 confidenciais, segundo sinala a Consellería de Facenda nun comunicado.
Bárcenas viaxou 29 veces a Suíza con maletas cargadas de cartos. Ingresou case catro millóns de euros nunha conta bancaria.
A Federación Galega de Festivais de música vén de publicar o calendario de eventos para este verán: ao redor de 30 citas até final de ano.
O Parlamento Europeo concédelles o Premio á Cidadanía Europea 2013 á Plataforma de Afectados pola Hipoteca e á Academia da Lingua Vasca. A candidatura da PAH foi defendida, entre outras, pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda. En El Diario
O Tribunal Constitucional alemán equipara os dereitos das parellas gais e as heterosexuais. As parellas de toda clase unidas civilmente terán os mesmos dereitos en materia tributaria que os matrimonios.
#consellodaxunta Feijóo di que a fusión de Oza e Cesuras non foi "impulsada", senón "feita" polo PP
#consellodaxunta Feijóo destaca a redución dun 14,3% do gasto en receitas médicas no último ano Servizo Galego de Saúde. Foi o ano de implantación do novo copagamento farmacéutico.
A Vicepresidencia da Xunta inaugura presenza propia nas redes sociais, paralela á conta principal do Goberno galego