España exportou armas por máis de 100 millóns de euros ao Magreb e Oriente Próximo en plena Primavera Árabe
Fálase
ERC gañaría as eleccións en Catalunya segundo unha enquisa que publica El Periódico. Os republicanos obterían 39-40 escanos por 34-35 de CiU. PSC (16-17) e ICV (15-16) estarían case empatados, por diante de PP (13-14) e C's (12-13). As CUP manterían os seus 3 representantes
O 22 de xuño Bouzas acollerá a versión española da Geocamp, unha xornada sobre temas xeo e software libre que se ven celebrando dende hai 3 anos en Portugal. É un día para o intercambio de experiencias e coñecementos
Eurozone será a primeira produción galega nunha tempada do Centro Dramático Nacional. Terá 24 funcións no Teatro Valle Inclán de Madrid.
O eurodeputado do PP Carlos Iturgaiz considera "un escándalo" que o Parlamento Europeo premie a Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Considera o colectivo unha "organización violenta" e esixirá a retirada do galardón. En Público.es
Traballadores do naval protestan ante a sede da Xunta en Vigo e cortan o tráfico en defensa do sector.
Carlos Callón, absolto por segunda vez tras a repetición do proceso contra el propiciada polo xuíz Fraga Mandián. O presidente d'A Mesa reprocháralle ao maxistrado que manifestase non ter "problema" en usar "a ilegalidade La Coruña".
A Xunta entregou esta mañá no Parlamento a documentación solicitada polos grupos para a comisión de investigación das caixas. Son uns 30.000 folios repartidos en 20 caixas non confidenciais e 14 confidenciais, segundo sinala a Consellería de Facenda nun comunicado.
Bárcenas viaxou 29 veces a Suíza con maletas cargadas de cartos. Ingresou case catro millóns de euros nunha conta bancaria.
A Federación Galega de Festivais de música vén de publicar o calendario de eventos para este verán: ao redor de 30 citas até final de ano.