Galiciencia celebrará o seu décimo aniversario con tres meses de actividades que pasarán por unha ducia de localidades galegas. A décima edición de Galiciencia terá lugar os días 18, 19 e 20 de novembro
Fálase
O TSXG confirma a anulación do nomeamento como alto cargo do Concello de Ourense de Carmen Rodríguez Dacosta, secretaria local do PSdeG e número 2 da candidatura socialista nas vindeiras eleccións municipais. A designación, con numerosas irregularidades, fora denunciada por USO.
Cáritas alerta de que a desigualdade social crece en Galicia por riba da media estatal. Medio millón de galegos e galegas está nunha situación de risco de pobreza.
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) calcula en 815 millóns de euros o beneficio ilícito obtido polas grandes industrias lácteas a través dun pacto continuado de precios de compra aos gandeiros, sobre todo en Galicia e Cataluña. A investigación acabou cunha multa de 88 millóns a nove empresas e dúas patronais.
Feijóo fará campaña electoral en Andalucía en dous actos co candidato do PP á presidencia da Junta. O PP anuncia ademais a participación do presidente da Xunta en actos de partido en Arxentina e Uruguai a vindeira fin de semana. Estes actos "non interfiren en nada nas súas obrigas como presidente da Xunta", segundo o voceiro conservador, Miguel Tellado.
A irrupción de Ciutadans pon en perigo a maioría soberanista en Cataluña, segundo unha enquisa que publica El Periódico.
Dimiten sete membros da comisión de bioética da Consellaría de Sanidade tras serlles censurado un informe sobre desigualdades na asistencia
Filosofía e sexualidade centrarán a edición 2015 da Semana Galega de Filosofía, que se celebrará en Pontevedra entre o 6 e o 10 de abril
Continúa o colapso nos hospitais de Vigo, con esperas de ata oito horas nos servizos de urxencia e acumulación de padiolas nos corredores. CC.OO. denuncia que chegou a haber 40 pacientes pendentes de ingreso entre o Xeral e o Meixoeiro.
As mulleres ocupan tan só o 17% dos postos nos consellos de administracións das empresas do IBEX 35. Gas Natural, Sacyr e Técnicas Reunidas seguen sen contar con ningunha conselleira.