En Marea presenta 60 primeiras medidas políticas urxentes para os e as profesionais da cultura. Miguel Anxo Fernán Vello, portavoz na Comisión de Cultura, pide que sexa atendida como "sector estratéxico”
Fálase
Unha delegación do Concello de Santiago visita Pontevedra para "coñecer polo miúdo" o seu modelo urbano, que considera "exemplar". "As rúas son un espazo de convivencia e Pontevedra é un modelo", indicou o edil compostelán Jorge Duarte, que realizou un percorrido pola cidade co alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores.
O PP faise coa Alcaldía de Noia tras prosperar a moción de censura impulsada xunto ao partido N.O.I.A., que dende o inicio do mandato e ata hai dous meses gobernaba co PSdeG. Pouco antes da censura o goberno saínte remitiu á Fiscalía o caso que, destapado pola Marea noiesa, apunta ao uso dunha "caixa B" por parte da líder de N.O.I.A. para financiar unha viaxe a Benidorm. (Imaxe: PP)
A Xunta salienta que o déficit de Galicia foi do 0,67% do PIB, tres décimas por baixo do límite marcado polo Goberno central. O conselleiro de Facenda atribúe o cumprimento á "responsabilidade" do actual Executivo.
Suspendida a folga no servizo de transporte de residuos a Sogama. O persoal de Transportes Pellejero decidirá este mércores sobre o principio de acordo coa nova concesionaria.
Comeza en Noia o debate da moción de censura que lle dará a alcaldía ao PP co voto do partido independente N.O.I.A., o cal no inicio do mandato apoiou o PSdeG, no goberno ata hoxe. (Imaxe: @pilaraymara).
Seis estudantes da USC denuncian un docente por comentarios machistas a unha alumna. O profesor, din, increpou unha alumna "polo seu escote". Cóntao La Voz
Bankia devolverá aos pequenos accionistas o 100% do diñeiro da saída a bolsa sen necesidade de xuízo e dá un prazo de tres meses para reclamalo.
O PP de Madrid realizou varias operacións de branqueo durante a mañá do 11M. Cóntao El Español.
O Superior permite continuar o proceso para evitar a derruba do Conde de Fenosa na Coruña. O tribunal rexeita un recurso do demandante para que non se avanzase na proposta do Concello de só eliminar algunhas partes do inmoble.