A CDU alemá elixe a centrista Annegret Kramp-Karrenbauer para suceder a Merkel. A nova líder da formación, que derrotou o dereitista Friedrich Merz, apoiou a política migratoria de Merkel e é máis progresista no económico, pero máis conservadora no social, manifestándose contraria ao matrimonio homosexual.
