A Xunta difunde un comunicado sobre a reunión de Feijóo con responsables de Citroën en París, onde se anunciou que a nova furgoneta K9 será fabricada en Vigo. O Goberno galego, que non informou previamente de que o encontro se ía celebrar, atribúe o encargo a unha "alianza" entre a Xunta e a empresa.
