O persoal mobilizado da CRTVG cumpre 60 semanas reclamando uns medios públicos "independentes, rigorosos, plurais, creativos e para todo". Defende A Galega volve celebra hoxe o #VenresNegro60CRTVG
Fálase
Torra será xulgado por non retirar os lazos amarelos durante a campaña das xerais. O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya envía a xuízo ao president catalán por desobedecer a orde da Xunta Electoral de quitar os símbolos soberanistas durante a campaña.
As enfermeiras en precario concentráronse este mediodía na porta de todos os centros sanitarios galegos en defensa do "emprego digno e a sanidade pública de calidade". O 44% das enfermeiras eventuais leva máis de dez anos nas listas de contratación.
‘Hamada’, filme de Eloy Domínguez Serén sobre o conflito saharauí, chega esta fin de semana a Numax. As varias proxeccións que terá contarán con presentacións e coloquios con Alfonso Zarauza, Jorge Coira e Ana Pontón, ademais do director. “Tratei de achegarme ao aspecto máis íntimo do conflito saharauí, cunha visión máis micro ca macro”, dicíanos hai uns meses.
Podemos preguntará ás súas bases se prefiren un goberno de coalición con Sánchez ou un de cooperación pero sen ministros para desbloquear a actual ruptura co PSOE. Ao tempo, Pablo Iglesias pide a Sánchez que non impoña vetos para formar goberno.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o calendario laboral para 2020, que inclúe como principal novidade entre os días festivos o San Xoán. (Imaxe: Xunta)
A Audiencia da Coruña absolve o ex-conselleiro Dositeo Rodríguez e mais a Marina Castaño de malversación na Fundación Camilo José Cela. Consulta aquí toda a información
A Câmara Municipal do Porto aproba a suspensión da autorización de novos aloxamentos turísticos nas zonas máis saturadas da cidade mentres é aprobada a norma que os regulará. A suspensión é por seis meses, pero é prorrogable. A presión turística é un debate presente en Portugal dende hai anos, inicialmente en Lisboa e agora tamén no Porto.
Hai hoxe 35 anos o Parlamento aprobaba a lei de creación da CRTVG. Ao ano seguinte, na véspera do Día Nacional de Galicia de 1985, a Televisión de Galicia iniciaba as súas primeiras emisións. Antes, o 24 de febreiro, xa o fixera a Radio Galega.
O Goberno central pon en marcha nun xulgado da Coruña a demanda civil para tentar recuperar o Pazo de Meirás, segundo avanza El País. Arguméntaa, entre outros aspectos, revelando a nulidade do contrato de suposta compra-venda que sinalara o informe xurídico da Deputación da Coruña e baseándose no informe da comisión de expertos impulsada dende o Parlamento. Máis información, hoxe en Praza.gal