O Porto da Coruña retira do seu Plan de Empresa de 2017 a negociación co Concello polos terreos do peirao, que quedarán baleiros tralo traslado a Punta Lagosteira de parte da actividade. O ente portuario espera lucrarse coa venda deste espazo público, destinándoo a promocións inmobiliarias.
Fálase
O ex presidente portugués Mário Soares continúa en estado crítico. O estado de saúde do político, de 92 anos, agravouse o sábado.
Eldiario.es repasa algunhas das infraestruturas privadas deficitarias, frustradas ou quebradas cuxo custe foi asumido polas arcas públicas nos últimos anos, socializando as perdas empresariais: dende o túnel do AVE a Francia, oito autoestradas de peaxe, a regasificadora de Xixón ou o almacén de gas Castor
Morre, aos 53 anos de idade, George Michael. O cantante finou no día de nadal por un fallo cardiaco
O ex-deputado galego Javier Dorado, novo director do Instituto de la Juventud (Injuve). Tamén vén de ser nomeado secretario xeral do PP de Vigo, que con tan só 28 anos xa ocupou importantes cargos políticos.
Os críticos e críticas de A Cuarta Parede elixen Carol como o mellor filme do último ano, por diante de O Ornitólogo (João Pedro Rodrigues), La mort de Louis XIV (Albert Serra) e Paterson (Jim Jarmusch)
Aprobado o orzamento do Concello de Pontevedra ao absterse a Marea tras aceptar o BNG as súas emendas. PSOE, PP e Ciudadanos manteñen a súa oposición ás contas, cuxa aprobación o alcalde Lores ligou a unha cuestión de confianza. Axiña máis información.
A Liga de Fútbol Profesional (LFP) tamén recorre o arquivo da causa de Jimmy e amosa a súa "discrepancia" co sobresemento do caso. A familia do asasinado e a Fiscalía tamén anunciaron recurso.
Celébrase nestes intres o pleno de Pontevedra. O alcalde Lores someterá o proxecto orixinal de orzamentos do goberno local a votación e anuncia que se someterá a unha moción de confianza de non ser aprobados. Pódese seguir aquí.
O Goberno italiano aproba o rescate do Monte dei Paschi. O Executivo aprobou nunha xuntanza de urxencia, pasada a medianoite, un decreto que o dota de 20.000 millóns de euros para garantir a liquidez dos bancos en problemas