A iniciativa Más Democracia publica o ranking de calidade democrática dos partidos, no que só aproban o BNG (5,7) e Podemos (5,5). O estudo, que mide variables como a democracia interna ou a selección de candidaturas, pódese descargar integramente nesta ligazón.
Fálase
Baltar auséntase do pleno extraordinario que ía debater a súa reprobación e cualifica de "miserables" aos membros da oposición. O presidente da Deputación confirma as sospeitas do voceiro socialista, que agardaba algunha "artimaña" do PP ante a petición da dimisión.
Ata o 5 de novembro pódese ver en youtube o documental CodeGirl, sobre un grupo de rapazas estudantes de secundaria que participa nun concurso de programación para mellorar a comunidade na que viven mediante o uso da tecnoloxía. O filme reivindica o papel das mulleres nas novas tecnoloxías e na programación.
O paro rexistrado aumentou en Galicia en 6.355 persoas en outubro, unha suba do 2,95% mensual. Interanualmente, as persoas inscritas nas oficinas de emprego descenderon un 9%, son 21.952 menos. O número de persoas inscritas no Servizo Público de Emprego en Galicia queda en 222.092. A afiliación á Seguridade Social descendeu un 0,65% intermensual e aumentou un 1,98% interanual. Máis información, hoxe en Praza.
O Parlament balear tomba hoxe os cambios do PP na Lei de Normalización Lingüística e recupera a versión aprobada por consenso que recoñece o catalán como a lingua propia das Illas.
Albert Rivera xustifica non apoiar a retirada de honras a Franco porque na Transición, di, "acordamos que no habían ni vencedores ni vencidos, que lo que habían era españoles". Segundo o líder de Ciudadanos, esta retirada, contemplada na lei da Memoria Histórica, supón non "aceptar lo que en la Transición hicimos". Recolleuno o programa El Intermedio, no minuto 34:48 deste vídeo.
EH Bildu, Podemos, Geroa Bai e Izquierda-Ezkerra concorren xuntos ás eleccións ao Senado. Os abertzales lamentan que o acordo non fose posible nos comicios ao Congreso.
A Universidade de Vigo participa nunha misión da NASA e da ESA para desviar un asteroide. Construirá un "cubesat" que alcanzará Dydimos en 2022, cando máis achegado estea á terra.
Os xulgados civís anulan xa en Galicia a cláusula solo pero con efecto só desde 2013. Descarta unha retroactividade total mentres non haxa pronunciamento dos tribunais europeos sobre as hipotecas.
Podemos e EH Bildu irán nunha candidatura conxunta navarra ao Senado. No acordo tamén se inclúen Geroa Bai e Izquierda-Ezkerra