A Xunta anuncia que devolverá en abril e setembro aos seus empregados o 50% da paga extra de 2012. Adiantóullelo o conselleiro de Facenda ás centrais sindicais. "Un 25% antes das eleccións xerais, de habelas, e outro 25% antes das eleccións galegas", advirte a CIG.
Fálase
A Mesa denuncia que o Servizo de Atención á Cidadanía da Policía se negou a atender en "dialecto" galego unha consulta sobre a xestión do DNI (Imaxe: A Mesa)
Beiras, expulsado do pleno do Parlamento por increpar o deputado do PP Miguel Tellado no seu escano. A expulsión do voceiro de AGE implica a perda dos seus dereitos como deputado durante 15 días.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia vén de anunciar a concesión do Premio de Honra Marisa Soto á Revista Galega de Teatro. O galardón entregarase durante a Gala dos XX Premios de Teatro María Casares, que terá lugar o vindeiro 30 de marzo na Coruña.
O Festival de Cans recoñece a traxectoria da produtora Emma Lustres co Premio Pedigree 2016. Destaca que se trata dunha "figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films" e salienta o seu labor de impulso "dos creadores e creadoras galegas, nomeadamente os novos realizadores e realizadoras".
Unha comisión cidadá convoca accións para defender o uso público da Maestranza, na Coruña. Denuncian que Defensa leva anos actuando na cidade como "unha auténtica inmobiliaria" dedicada á "especulación urbanística en terreos de patrimonio público" e calculan en 48 millóns de euros o beneficio obtido.
Galicia necesita recibir 20.000 inmigrantes ao ano ata 2029 para paliar a súa crise demográfica. As persoas de 32 anos, idade media na que se está a ter o primeiro fillo ou filla, reduciranse á metade en 15 anos.
Hillary Clinton derrota a Bernie Sanders nos cinco estados que este martes celebraron primarias, deixando resolta a súa nominación. Nos republicanos Trump vence en Florida e Illinois, e só é superado en Ohio por Kasich; a súa vantaxe sobre Cruz e os demais candidatos amplíase
O Ministerio do Interior interveu as comunicacións dos titiriteiros detidos, aludindo á súa presunta "capacidade criminal". Incluíunos no ficheiro de "bandas armadas" alegando que poderían seguir "directrices consignadas" pola súa organización.
Pablo Iglesias cesa a Sergio Pascual como secretario de Organización de Podemos. A destitución do número tres da formación prodúcese tras crises abertas nas organizacións territoriais e a filtración de informes