Alcoa retira o despedimento colectivo logo da poxa eléctrica que rematou hoxe, segundo varios medios asturianos. Máis información, nuns minutos en Praza.
Fálase
O Observatorio do Audiovisual Galego responde a través dun comunicado a Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, que a pasada semana xustificou no Parlamento que o ente público non retribuíse os autores e autoras de curtametraxes por facerse cos dereitos de emisión destes traballos.
A asemblea veciñal de Coia alerta de que a Policía Local tenta mover o valado na zona para "impedir" o concerto previsto para rexeitar a colocación do barco na rotonda que, segundo cifras do Concello, custará 100.000 euros.
Rouco Varela favoreceu a seita dos Miguelianos para a súa implantación en Madrid. O Arcebispado recomendou os servizos de Miguel Rosendo para que conseguise un contrato nunha residencia de anciáns.
Numerosas persoas acoden ao Tribunal Superior de Catalunya para "autoinculpárense" tras a querela da Fiscalía contra Artur Mas, a súa vicepresidenta e unha conselleira pola consulta do 9-N. Está a contalo Vilaweb
Xa se pode ler na rede o número 0 da Revista MaOs!, centrada na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial.
O Banco de España eleva a súa previsión e cre que o PIB español crecerá un 1,4% en 2014. Tamén agarda un incremento do 2% en 2015.
A poxa eléctrica decide hoxe o futuro dos 400 traballadores de Alcoa na Coruña. A multinacional asegura que, de non conseguir os bloques necesarios, pechará a planta e aplicará o ERE. Fotografía de @AluminiosCoruna.
Trinta alcaldes de pequenos concellos galegos cobran máis do límite fixado polo Ministerio de Facenda. Os rexedores de concellos de menos de 5.000 habitantes non poderán superar os 40.000 euros anuais.
Jealsa-Rianxeira vende a súa polémica planta de O Aaiún, no Sáhara, na que procesaba sardiña para Mercadona. A empresa consideraba a fábrica unha filial marroquí e explotaba os recursos saharauís, a pesar de tratarse dunha ocupación non recoñecida pola ONU.