AGE e BNG denuncian a súa "exclusión" no pacto acadado por PP e PSdeG-PSOE para situar -a proposta dos populares- a Milagros Otero Parga como Valedora do Pobo, renovar o Consello de Contas e aprobar a designación de José Ramón Gómez Besteiro como senador autonómico.
Fálase
A supresión da figura dos xuíces eméritos, que ata agora podían traballar ata os 75 anos, determinará unha maioría conservadora na Sala do Social do Tribunal Supremo, ao xubilar seis maxistrados progresistas. Esta sala ditou nos últimos anos varias sentenzas críticas coa reforma laboral.
CDC e Unió dan por rota a súa alianza despois de 37 anos, destaca La Vanguardia, que asegura que a dirección de Unió rexeitará o ultimátum de CDC de aceptar a independencia ante o 27S. Os consellers de UDC poderían abandonar o goberno catalán este venres.
O Goberno adxudicará as seis novas canles de TDT a un mes das eleccións xerais. Atresmedia, Mediaset, Kiss, Secuoya, 13 TV, Vocento, Prisa, Real Madrid TV e El Corte Inglés pugnan pola licenzas.
Pedro Sánchez, proclamado provisionalmente candidato do PSOE á Presidencia do Goberno de España tras finalizar o proceso de avais nas primarias. O vindeiro día 21 está prevista a proclamación definitiva.
Ana Miranda participará no tramo final da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza. Será unha das catro mulleres de diferentes partes do Estado na tripulación, xunto á monxa catalá Teresa Forcades.
A Estación Espacial Internacional poderá ser observada esta noite dende Galicia, tal e como apunta a Agrupación Astronómica Ío, da Coruña
O PSdeG confirma que proporá a Besteiro como senador por designación autonómica. O secretario xeral do partido substituirá a Paula Fernández na Cámara Alta tras a votación que se celebrará a vindeira semana no Parlamento.
A alcaldesa de Lugo anuncia un "principio de acordo" con Lugonovo para a integración no goberno local. A plataforma que encabeza Santiago Fernández Rocha someterá o posible pacto ao ditame da súa asemblea. Recólleo El Progreso
O Culturgal abre o prazo de presentación de propostas e solicitude de postos para a edición do 2015. Toda a información, na web da Feira das Industrias Culturais