O Goberno adxudicará as seis novas canles de TDT a un mes das eleccións xerais. Atresmedia, Mediaset, Kiss, Secuoya, 13 TV, Vocento, Prisa, Real Madrid TV e El Corte Inglés pugnan pola licenzas.
Fálase
Pedro Sánchez, proclamado provisionalmente candidato do PSOE á Presidencia do Goberno de España tras finalizar o proceso de avais nas primarias. O vindeiro día 21 está prevista a proclamación definitiva.
Ana Miranda participará no tramo final da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza. Será unha das catro mulleres de diferentes partes do Estado na tripulación, xunto á monxa catalá Teresa Forcades.
A Estación Espacial Internacional poderá ser observada esta noite dende Galicia, tal e como apunta a Agrupación Astronómica Ío, da Coruña
O PSdeG confirma que proporá a Besteiro como senador por designación autonómica. O secretario xeral do partido substituirá a Paula Fernández na Cámara Alta tras a votación que se celebrará a vindeira semana no Parlamento.
A alcaldesa de Lugo anuncia un "principio de acordo" con Lugonovo para a integración no goberno local. A plataforma que encabeza Santiago Fernández Rocha someterá o posible pacto ao ditame da súa asemblea. Recólleo El Progreso
O Culturgal abre o prazo de presentación de propostas e solicitude de postos para a edición do 2015. Toda a información, na web da Feira das Industrias Culturais
Beatriz Figueroa reúnese nestes momentos coa Defensora do Pobo e é apoiada polo BNG na súa loita por unha maior protección laboral e social para os enfermos de cancro. Máis informacións, hoxe en Praza.
The Guardian analiza como "os alcaldes indignados" se "manteñen fieis ás súas raíces" no inicio dos mandatos e recolle a decisión dos rexedores da Coruña, Ferrol e Santiago a respecto de non acudir a actos relixiosos, incluíndo o artigo en Praza Pública no que Martiño Noriega detallou as súas razóns.
O Museo Provincial de Lugo acollerá este venres a presentación do número 100 da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro. No acto intervirá o director X. L. Méndez Ferrín, o editor Olegario Sotelo Blanco, e os membros do consello de redacción Rosa López e Darío Xohán Cabana.