Chegan ao xulgado de Santiago os dous peritos propostos polo maquinista de Angrois para ratificaren verbalmente as peritaxes sobre o accidente que achegaron por escrito en 2015 e nas que detectaban diversas eivas de seguridade.

Chegan ao xulgado de Santiago os dous peritos propostos polo maquinista de Angrois para ratificaren verbalmente as peritaxes sobre o accidente que achegaron por escrito en 2015 e nas que detectaban diversas eivas de seguridade.
Pedro Sánchez advirte de que "as informacións aparecidas nalgún medio de comunicación" sobre supostos "plaxios" na súa tese de doutoramento son "falsas" e anuncia "accións legais" se "non rectifican o publicado".
Xabier Pérez Igrexas será o cabeza de lista do BNG de Vigo nas municipais. Así o decidiu a militancia da formación en asemblea no serán deste mércores.
Só dúas das 70 dioceses españolas, ningunha delas galega, ten o servizo de anteción ás vítimas de pederastia ao que están obrigadas, revela eldiario.es.
Dez días antes de que remate o verán, o Concello de Vigo comeza este mércores a instalación das luces de Nadal, “top do planeta”, segundo o alcalde. Custarán 825.000 euros e Abel Caballero di que o retorno económico para o comercio é maior xa que o ano pasado “todos os hoteis estiveron petados”.
A Supercopa de baloncesto que acolle Santiago os días 21 e 22 de setembro xa ten emparellamentos e horarios: Barcelona-Baskonia (venres ás 19.00 horas) e Obradoiro-Real Madrid (venres ás 21.30 horas). A final, o sábado ás 19.15 horas.
O Resurrection Fest anuncia as primeiras actuacións para 2019, cuxas entradas poderán mercarse a partir do luns. Parkway Drive, Trivium, Testament, Kvelertak e While She Sleeps son os grupos xa confirmados.
O Parlamento europeo aproba a reforma do copyright, que obrigará as plataformas online a pagar por enlazar ou poñer titulares de medios de comunicación (de forma semellante ao actual canon AEDE en España) e forzará as webs a contar con filtros que detecten ao instante infraccións de dereitos de autor. Esta nova normativa foi denunciada nos últimos meses como un risco para a liberdade de expresión en Internet.
O Consello Consultivo considera nula a compra de dous pisos do Concello da Coruña para destinar a alugueiro social por non se adaptar ás bases do procedemento, unha por falta de altura e outra, por ocos de luz. Adiantouno este mércores La Opinión de A Coruña. Tras transcender o informe, dimitiu a xefa do servizo municipal de Vivenda.
Hoxe comeza o curso en Infantil e Primaria e Magín Blanco celebra a volta ao cole co videoclip de "Este planeta é divertido", unha das cancións de Camiños, o seu último libro-disco.