Xabier Pérez Igrexas será o cabeza de lista do BNG de Vigo nas municipais. Así o decidiu a militancia da formación en asemblea no serán deste mércores.

Xabier Pérez Igrexas será o cabeza de lista do BNG de Vigo nas municipais. Así o decidiu a militancia da formación en asemblea no serán deste mércores.
Só dúas das 70 dioceses españolas, ningunha delas galega, ten o servizo de anteción ás vítimas de pederastia ao que están obrigadas, revela eldiario.es.
Dez días antes de que remate o verán, o Concello de Vigo comeza este mércores a instalación das luces de Nadal, “top do planeta”, segundo o alcalde. Custarán 825.000 euros e Abel Caballero di que o retorno económico para o comercio é maior xa que o ano pasado “todos os hoteis estiveron petados”.
A Supercopa de baloncesto que acolle Santiago os días 21 e 22 de setembro xa ten emparellamentos e horarios: Barcelona-Baskonia (venres ás 19.00 horas) e Obradoiro-Real Madrid (venres ás 21.30 horas). A final, o sábado ás 19.15 horas.
O Resurrection Fest anuncia as primeiras actuacións para 2019, cuxas entradas poderán mercarse a partir do luns. Parkway Drive, Trivium, Testament, Kvelertak e While She Sleeps son os grupos xa confirmados.
O Parlamento europeo aproba a reforma do copyright, que obrigará as plataformas online a pagar por enlazar ou poñer titulares de medios de comunicación (de forma semellante ao actual canon AEDE en España) e forzará as webs a contar con filtros que detecten ao instante infraccións de dereitos de autor. Esta nova normativa foi denunciada nos últimos meses como un risco para a liberdade de expresión en Internet.
O Consello Consultivo considera nula a compra de dous pisos do Concello da Coruña para destinar a alugueiro social por non se adaptar ás bases do procedemento, unha por falta de altura e outra, por ocos de luz. Adiantouno este mércores La Opinión de A Coruña. Tras transcender o informe, dimitiu a xefa do servizo municipal de Vivenda.
Hoxe comeza o curso en Infantil e Primaria e Magín Blanco celebra a volta ao cole co videoclip de "Este planeta é divertido", unha das cancións de Camiños, o seu último libro-disco.
Carne Cruda emite nestes momentos o programa que o pasado domingo gravou en Bueu, no marco do FICBUEU, e que serviu para abrir a décima tempada deste espazo radiofónico. "Estamos nas marxes, pero non nos sentimos marxinais", dicía Javier Gallego nesta entrevista
Comparece como investigado ante o xuíz do caso Angrois un dos subordinados do xefe de seguridade imputado por homicidio imprudente no accidente. O instrutor sospeita que Andrés Cortabitarte "contou coa colaboración" de Fernando Rebón para omitir medidas de seguridade na curva do sinistro. Para hoxe tamén está citado como testemuña un técnico das empresas instaladoras dos sistemas de seguridade.