O Parlamento europeo aproba a reforma do copyright, que obrigará as plataformas online a pagar por enlazar ou poñer titulares de medios de comunicación (de forma semellante ao actual canon AEDE en España) e forzará as webs a contar con filtros que detecten ao instante infraccións de dereitos de autor. Esta nova normativa foi denunciada nos últimos meses como un risco para a liberdade de expresión en Internet.
