A ministra de Sanidade, Carmen Montón, vén de anunciar a súa renuncia polas irregularidades do seu máster. Esta tarde coñeceuse que Montón copiou en 19 páxinas do seu TFM fragmentos de artigos publicados en Internet e non referenciados

A ministra de Sanidade, Carmen Montón, vén de anunciar a súa renuncia polas irregularidades do seu máster. Esta tarde coñeceuse que Montón copiou en 19 páxinas do seu TFM fragmentos de artigos publicados en Internet e non referenciados
VÍDEO | Centos de miles de persoas volven secundar a manifestación soberanista pola Diada Nacional de Catalunya en Barcelona. A xornada estivo marcada pola reivindicación independentista e tamén pola homenaxe aos dirixentes políticos encarcerados. Imaxes de TV3.
Pedro Sánchez desbota a dimisión da ministra de Sanidade polo caso do máster. "Está a facer un gran traballo e vaino seguir facendo", afirmou o presidente do Goberno central na sesión de control no Senado.
As visitas ao Pórtico da Gloria serán de pago e con reserva a partir de novembro. As obras que se acometerán no resto do templo obrigan a illar temporalmente o espazo do Pórtico, ao que se accederá como parte do Museo da Catedral. Nin Xunta nin Cabido comunicaron aínda canto será o custo.
O Goberno central declara a Festa do Albariño de Cambados de Interese Turístico Internacional e a Xunta celébrao cunha foto de Feijóo nas súas contas en Twitter e Facebook.
O Parlamento crea unha comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño co voto a favor de En Marea e BNG, a abstención do PP e a negativa do PSdeG. Consulta aquí toda a información.
Flora Miranda (En Marea) e Patricia Otero (PSdeG) toman posesión esta mañá como novas deputadas do Parlamento. Substitúen respectivamente a Magdalena Barahona, que deixou o escano por problemas de saúde, e a José Antonio Quiroga, nomeado presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
As notas do máster da ministra Montón foron manipuladas meses despois da fin do curso, segundo informa este martes eldiario.es.
Feijóo e os presidentes de Asturias, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha e Castela e León asinan en Zaragoza unha declaración conxunta na que reclaman un novo financiamento autonómico que teña en conta dispersión e avellentamento da poboación.
Soraya Sáenz de Santamaría abandona a política. A ex-vicepresidenta do Goberno vén de comunicarllo a Pablo Casado, ante o que perdeu en xullo a loita por facerse co control do PP. En Galicia, Santamaría contara co apoio expreso de Baltar, mentres que Casado recibiu o respaldo da contorna de Feijóo.