Sánchez rexeita a proposta de Iglesias de formar unha coalición a proba ata ter Orzamentos. O presidente do Goberno central insiste en que non se dan "as bases mínimas de confianza".
Fálase
Feijóo asegura que a Xunta non pretende "competir en luces" con Abel Caballero porque el mesmo pediu "hai un ano" a Audasa un novo alumeado para a ponte de Rande, no que está disposto a achegar "unha axuda económica". O Goberno galego anunciou ese proxecto este mércores, xusto mentres o alcalde de Vigo presentaba o alumeado de Nadal.
O autor do roubo do Códice Calixtino, excarcerado por razóns médicas. O estado de saúde de Manuel Fernández Castiñeiras agravouse no último ano despois de que a pasada primavera tivese que ser hospitalizado por mor dun derramo cerebral.
A asociación de editores de libros de texto que hai unha semana dixo sufrir presións das comunidades autónomas afirma agora que estas non existen. Agrega que se trataba de comentarios referidos a unha época "moi remota". Infolibre recolle as súas declaracións tras reunírense coa ministra de Educación en funcións.
A poeta galega Yolanda Castaño estrea hoxe na televisión pública de Asturias o programa Igualex, centrado na "educación sexual dende o feminismo" e na "prevención da violencia machista".
Os días 16 e 17 celebrarase a última rolda de consultas dos grupos do Congreso co rei previa a unha nova sesión de investidura ou á disolución das Cortes para celebrar unhas novas eleccións xerais por falta de acordo para formar Goberno.
A petición de unidade ás forzas independentistas e de liberdade para os líderes encarcerados centra as mensaxes da manifestación central da Diada en Catalunya, que segundo a Garda Urbana de Barcelona rexistrou menor afluencia que en anos previos, aínda que seguiu sendo masiva. (Imaxe: ANC)
A Mesa protesta ante a Delegación do Goberno polo veto ao galego nos Premios Arquímedes destinados a traballaos de fin de grao das universidades do Estado.
Xa están en marcha as mobilizacións centrais pola Diada Nacional de Catalunya. A ANC está a ofrecer unha retransmisión ao vivo da manifestación en Barcelona e TV3 tamén está a emitir unha programación especial que pode seguirse no seu sitio web. A estes actos acudiron delegacións do BNG e de Anova.
A axenda cultural da Xunta sitúa en Santiago de Compostela un concerto do músico Shawn Mendes o vindeiro 11 de decembro que realmente se celebra en Santiago de Chile, tal e como amosa o sitio web de compra de entradas ao que liga o propio sitio web da Consellería de Cultura, como destacou un usuario da propia web. Cultura eliminou a entrada da súa axenda minutos despois desta publicación en Praza.gal.