Os días 16 e 17 celebrarase a última rolda de consultas dos grupos do Congreso co rei previa a unha nova sesión de investidura ou á disolución das Cortes para celebrar unhas novas eleccións xerais por falta de acordo para formar Goberno.
Fálase
A petición de unidade ás forzas independentistas e de liberdade para os líderes encarcerados centra as mensaxes da manifestación central da Diada en Catalunya, que segundo a Garda Urbana de Barcelona rexistrou menor afluencia que en anos previos, aínda que seguiu sendo masiva. (Imaxe: ANC)
A Mesa protesta ante a Delegación do Goberno polo veto ao galego nos Premios Arquímedes destinados a traballaos de fin de grao das universidades do Estado.
Xa están en marcha as mobilizacións centrais pola Diada Nacional de Catalunya. A ANC está a ofrecer unha retransmisión ao vivo da manifestación en Barcelona e TV3 tamén está a emitir unha programación especial que pode seguirse no seu sitio web. A estes actos acudiron delegacións do BNG e de Anova.
A axenda cultural da Xunta sitúa en Santiago de Compostela un concerto do músico Shawn Mendes o vindeiro 11 de decembro que realmente se celebra en Santiago de Chile, tal e como amosa o sitio web de compra de entradas ao que liga o propio sitio web da Consellería de Cultura, como destacou un usuario da propia web. Cultura eliminou a entrada da súa axenda minutos despois desta publicación en Praza.gal.
Familia Caamagno, La Habitación Roja e Los Enemigos súmanse ao cartel do San Froilán 2019. A edil de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, encádraos no obxectivo de que a "gran festa do outono galego" teña "actuacións dirixidas ás distintas tendencias e gustos para satisfacer a todas as persoas que se acheguen"
O PNV insta a Sánchez e Iglesias a reunírense para tentar un pacto que evite a repetición electoral. "Os únicos que poden arranxalo son vostedes, é posible se hai vontade e intelixencia", retou Aitor Esteban no transcurso do debate sobre o último Consello Europeo no Congreso
Así é o tráiler oficial d'O que arde. Tras o seu éxito internacional, o filme de Oliver Laxe chega ás salas comerciais o 11 de outubro distribuído por Numax.
A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acepta no Parlamento a posibilidade de incrementar o número de residentes, familiares e persoas achegadas que poden acceder á Illa de Ons, a custa de reducir o número de visitantes. A veciñanza de Ons leva catro meses mobilizada contra as restricións impostas pola Xunta
A Audiencia da Coruña prohibe a divulgación do vídeo da reconstrución policial do asasinato de Diana Quer. Segundo confirma o TSXG, o presidente do tribunal que xulga a José Enrique Abuín, asasino confeso da moza secuestrada na Pobra, subliña que restrinxe a divulgación do vídeo para preservar a "imparcialidade" do xurado. O espazo de Telecinco El Programa de Ana Rosa anunciara a súa emisión.