A Coruña descobre a placa da rúa Álvaro Cebreiro, que substitúe á do General Mola.

A Coruña descobre a placa da rúa Álvaro Cebreiro, que substitúe á do General Mola.
Frankenstein-04155, o documental sobre o accidente de Angrois, gaña o Premio do Público de Cineuropa cun 9,53 de puntuación. A proxección do filme, dirixido por Aitor Rei, esgotou as entradas e ateigou o Teatro Principal compostelán (na imaxe) na súa proxección. Nesta entrevista en Praza o seu director, Aitor Rei, explicou o proceso de produción do seu traballo.
A Coruña descobre este martes a placa da nova rúa Álvaro Cebreiro, substituíndo a homenaxe ao golpista xeneral Mola en cumprimento da Lei de Memoria Histórica. No acto de lembranza ao ilustrador intervirán o debuxante Siro López e Pilar Cebreiro, sobriña do homenaxeado. O pasado outubro, o Concello suprimiu a praza de Millán Astray. (Na imaxe, unha caricatura de Cebreiro, por Ramón Torrado).
Racha outra tubaxe de augas fecais sobre as urxencias do Hospital de Vigo. É a segunda vez que acontece en apenas un mes
Eldiario.es relata o máis destacado do debate entre Sánchez, Iglesias e Rivera, ao que Rajoy non asistiu. O debate íntegro pódese recuperar en El País
O Tribunal Supremo tomba o PXOM de Vigo, aprobado en 2007, ao considerar que incumpriu un trámite ambiental. Máis información, hoxe en Praza.
Ás 21 horas comeza o debate electoral organizado por El País entre Pedro Sánchez (PSOE), Albert Rivera (Ciudadanos) e Pablo Iglesias (Podemos), ao que Mariano Rajoy se negou a acudir. O debate poderase seguir en directo na web do xornal e tamén a través de 13TV
A xuíza De Lara esíxelle ao PP de Ferrol que lle presente a súa contabilidade de 2011 nos vindeiros cinco días. Nun auto emitido o pasado venres, a maxistrada do caso Pokémon asegura que o partido respondeu á súa petición do pasado verán con "unicamente dúas follas en branco sen anagramas nin selos oficiais nin sinaturas", unha "relación de gastos e ingresos carentes de calquera clase de fiabilidade e autenticidade".
Competencia multa con 25 millóns a Iberdrola por manipular o prezo da electricidade. Dende a liberalización do sector as grandes compañías incrementaron un 30% as súas marxes de beneficio.
A Real Academia Galega publica un artigo póstumo de Xosé Neira Vilas. No texto Un libro definidor o escritor, falecido a pasada semana, conta como distribuíu o Sempre en Galiza por toda América e como o fixo chegar a Galicia ás agachadas.