O Consello de Informativos de TVE denuncia un "grave ataque á liberdade de información" por parte dos novos xestores da canle pública, especialmente en programas como Informe Semanal.
Fálase
Julio Rodriguez López, membro de Economistas Frente a la Crisis, reclama reformas nos procesos de execución hipotecaria e defende como base o proxecto de lei contra o desafiuzamento, o sobreendebedamento e a insolvencia.
Sin Permiso analiza as protestas dos traballadores de Walmart nos Estados Unidos a través dunha entrevista a un dos traballadores en conflito.
Os ministros de Economia da Eurozona continuarán negociando este luns os termos da axuda a Grecia, que deberá aprobarse a vindeira semana.
La Opinión analiza os plans europeos para o cadro de persoal de NGB, que terá que diminuir en dous mil traballadores: 1.200 de EVO e 800 das oficinas da entidade en Galicia.
As portadas da prensa impresa neste luns están protagonizadas polo fracaso de Artur Mas e CiU nas eleccións catalás. Dende La Vanguardia ("Duro castigo a Mas") a El Periódico ("Batacazo"), pasando por El Pais ("El plan de Mas se hunde en las urnas"), ABC ("Mas pierde su plebiscito") ou a retranca de El Mundo ("Mas entra en la historia").
Posibles combinacións que sumarían a maioría absoluta en Cataluña, segundo a enquisa de TV3:
CiU + PP = 70 - 75
CiU + ERC = 74 - 80
CiU + PSC = 70 - 75
CiU + ICV = 64 - 69
ERC + PSC + PP + ICV + CUP = 67 - 77CiU afástase da maioría absoluta, pero o independentismo medra da man de ERC e as CUP, segundo as primeiras enquisas das eleccións catalás. CiU baixaría ata entre os 54 e 57 escanos, mentres que Esquerra podería dobrar os seus apoios e CUP entrar no Parlament con entre 5 e 6 escanos.
O Coruxo volve gañar na casa (2-0 ao Avilés) e o Ourense vence o Rayo B en Madrid (0-2) noutra xornada da Segunda División B.
O Deportivo saca un sufrido empate en San Mamés ante o Athletic (1-1). Os galegos fixeron un mal primeiro tempo, pero melloraron no segundo, onde marcou Abel Aguilar.