A Policía interroga dez persoas por crear webs do 1-O. "É un ataque á liberdade de expresión e de internet", din. O Tribunal de Contas impón unha fianza de 5,25 millóns de euros a Mas polo 9-N.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59c8db637640d-web-wwwmarianorajoycat_ediima20170921_0816_5.jpg)
A Policía interroga dez persoas por crear webs do 1-O. "É un ataque á liberdade de expresión e de internet", din. O Tribunal de Contas impón unha fianza de 5,25 millóns de euros a Mas polo 9-N.
O Goberno de España adxudica a compra dun novo coche oficial do presidente por 498.000 euros. A empresa adxudicataria do procedemento negociado sen publicidade é Wolkswagen, propietaria de Audi, marca do automóbil no que xa viaxa Rajoy e que antes empregaran Zapatero ou Aznar. O Parque Móbil do Estado ten 647 coches, segundo o seu último informe anual.
O Kurdistan iraquí celebra este luns unha consulta de autodeterminación, non vinculante pero que iniciaría o proceso secesionista, a pesar da férrea oposición dos gobernos de Irak, Turquía e Irán
Dous incendios en Viana do Bolo e Vilamartín de Valdeorras arrasaron case 400 hectáreas de terreo e chegaron a ameazar núcleos habitados.
Un de cada tres contratos en Galicia duran menos dunha semana. Entre xaneiro e agosto fixéronse case 747.000, un 10% máis que en 2016. Porén, os indefinidos seguen estancados e son só o 4%.
Unidos Podemos urxe a Pedro Sánchez para armar unha alternativa ao PP que lle dea a Cataluña un referendo pactado. Pablo Iglesias pídelle ao PSOE que abandone o PP e aposte por un "novo Goberno plurinacional"
Merkel gaña as eleccións cun 33,5% dos votos e a ultradereita sería a terceira forza, segundo as sondaxes.
ÚLTIMA HORA | Agredida a presidenta das Cortes de Aragón polos ultras que bloquean o pavillón onde se celebra a asemblea pro-referendo en Zarragoza.
Unha concentración de ultras obriga a pechar o pavillón da asemblea pro-referendo convocada por Unidos Podemos. Asistentes aseguran que a policía non ten efectivos dabondo para garantir a seguridade porque moitos están en Catalunya.
Centos de ultras rodean o pavillón onde se celebra a asemblea pro-referendo organizada por Unidos Podemos e pechan a saída aos seus participantes. Vídeo de @tone_corunha.